xoves, 26 de setembro de 2019

EXPOSITOR "ARDIA 2020"

Xa está na entrada á biblioteca a primeira selección de fondos bibliográficos para o proxecto deste curso: ARDIA 2020. A partires do día 1 de Outubro podedes levar emprestados os que precisedes para comezar as investigacións.

Axiña chegarán novos exemplares. Estade atent@s ás novidades!!!

martes, 24 de setembro de 2019

NOVO EQUIPO DE AXUDANTES

Comezamos o programa de formación de usuarios. Despois da sesión dirixida aos profes, fixemos a formación dos voluntarios de 5º e 6º de Educación Primaria. Concretamos as funcións principais e a organización dos grupos das gardas do lecer. Aproveitamos para facer o reparto das primeiras mochilas viaxeiras ás súas clases. 

mércores, 11 de setembro de 2019

COMEZO CURSO 2019-2020

Comezamos novo curso e novo proxecto:

Tendo en conta as enquisas feitas ao alumnado a finais do curso pasado nas titorías, os mestres seleccionamos de entre todos os temas escollidos, a temática dos deportes enfocados cara aos Xogos Olímpicos por ser precisamente este ano, olímpico. 

Deixo aquí o enlace ao proxecto onde publicaremos e compartiremos as nosas investigacións, actividades, ideas, emocións e sentimentos. 

Bo comezo de curso a toda a comunidade educativa. Esperamos coma sempre a vosa colaboración.