![]() |
Preme na imaxe para ver a guía de lecturas recomendadas |
Visita o noso taboleiro de recursos en Pinterest.
ACTIVIDADES 2024
En Educación Física practicaron deportes paralímpicos como o Goalball, Tiro con arco en silla, Tiros de baloncesto desde sentados, Tiros de balonmán desde sentados...
ACTIVIDADES 2023
En Educación Infantil construiron coas pezas Lego o seu nome segundo o alfabeto en Braille. En Educación Primaria tiñan que adiviñar a mensaxe que lles poñían os compañeiros.
Xogo "Atopar o tesouro" e Voleibol Sentado en 1º Ciclo de Educación Primaria.
Xogos de lanzamentos de precisión desde a posición de sentados e Goalball en 3º Primaria.
ACTIVIDADES 2022
Na semana do 5 ao 9 de Decembro reservamos un tempo para falar co alumnado de Ed. Primaria sobre a discapacidade. Aproveitando o PDI Alucine proxectamos a curta "Lo incorrecto. Una nueva mirada hacia la discapacidad".
O mundo está cheo de persoas, animais e cousas... e non hai ninguha igual. Quizás sexa isto o que o fai tan bonito.
Entre todas as diferencias, hai algunhas que fan que cada persoa sexa única. Entender a discapacidade é sinxelo cando somos capaces de identificar en nós mesmos aquelas tarefas que nos supoñen máis esforzo e dificultade para levalas a cabo. Todos temos capacidades diferentes. Nas persoas con discapacidade é igual que nas demais persoas só que en aspectos que dificultan algunhas tarefas básicas da súa vida: a forma de ver, falar, entender, comunicar, camiñar... pero no resto somos igual que ti. (Diferentes, Guía ilustrada sobre a diversidade e a discapacidade. Fundación ADECCO).
Enlace da curta:
ACTIVIDADES 2020
Videoconferencia con Enrique Navas (Tite), gran deportista que quedou a dúas décimas en Natación para ir as paralimpiadas de Río de Xaneiro. Actualmente está entrenando co Club de piragüismo Breogán de O Grove perseguindo o seu soño de ir ás seguintes paralimpiadas.
Alumnado de 4º de Primaria realizou un traballo de investigación para compartir nun padlet sobre os xogos paralímpicos.
ACTIVIDADES 2019
![]() |
Charla informativa coa Asociación Amizade |
![]() |
Mural dos Deportes Paralímpicos (Proxecto Ardia2020) |
![]() |
Voleibol sentado en 1º Primaria |
![]() |
Boccia en 2º Primaria |
![]() |
Goalball en 3º Primaria |
ACTIVIDADES 2017
Ningún comentario:
Publicar un comentario