mércores, 28 de febreiro de 2018

TRABALLANDO A ENTOACIÓN

Dous entrevistadores e seis entrevistados practicaron hoxe a entoación para o proxecto "Radio na biblio". Toda a información na páxina RADIO VI.

martes, 27 de febreiro de 2018

OBRADOIRO DE XADREZ



Hoxe, os axudantes de biblioteca de 6º acudiron a un Obradoiro de Xadrez. Fixemos diferentes grupos onde había dous ou tres alumnos que xa sabían xogar. Estes foron os encargados de ensinar aos seus compañeiros as regras básicas: colocación do taboleiro, nome das pezas e os movementos principais. No próximo obradoiro traballarán as estratexias de xogo para despois ser todos eles os encargados de ensinar ao resto do cole que queira participar nos obradoiros no tempo do lecer.



luns, 26 de febreiro de 2018

INVESTIGANDO CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS



O alumnado de 4º de Educación Primaria fixo un traballo de investigación moi elaborado sobre diferentes científicos e científicas para facer unha exposición polas paredes do cole e prepararon as súas tablets para ensinarlles aos compañeiros de forma divertida as biografías. Eles mesmos o explican no blogue do PDI Experimento VI: Ciencia e tecnoloxía coa entrada titulada:  "Científicos, que son e que fixeron?


Biografías da exposición













venres, 23 de febreiro de 2018

UN TÉCNICO DE LABORATORIO NA NOSA BIBLIO

David, enfermeiro e técnico de laboratorio visita o noso centro para axudar ao alumnado de 3º de Ed. Primaria no proxecto de investigación sobre xérmenes e bacterias. Toda a información das actividades realizadas no blog do PDI Experimento VI: Ciencia e tecnoloxía.

xoves, 22 de febreiro de 2018

VISITA Á COPE

O alumnado de 5º de Educación Primaria visitou esta mañá as instalacións da emisora de radio da COPE en Pontevedra. Toda a información das actividades realizadas na pestana RADIO V.I.


mércores, 21 de febreiro de 2018

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, 24 F


Xa tedes a vosa disposición un expositor adicado a esta escritora na biblioteca.

Non podes deixar de ver as actividades que se van facendo na pestana adicada a Rosalía de Castro.

domingo, 18 de febreiro de 2018

RECURSOS DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA


O día 21 de Febreiro é o Día Internacional da lingua materna. Na biblioteca temos un libro elaborado polo noso alumnado para traballar o vocabulario da nosa lingua. Preme na imaxe para velo.  Podes atopar máis recursos no taboleiro de Pinterest.
Expositor na biblioteca

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega creou o vídeo titula do: "Chaman por nós na nosa lingua" con algúns dos nosos alumnos e alumnas. Esperamos que vos guste. 

martes, 13 de febreiro de 2018

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, 11F

Aínda que nos pille no medio do Entroido, non podemos esquecer o día 11 de Febreiro, Día Internacional da muller e da nena na Ciencia.


No noso centro, estase a preparar algo importante no PDI Experimento VI. Alumnado de todos os cursos, dende Infantil ata 6º de Primaria investigan a mulleres científicas... para qué? Pronto o saberemos. De momento compartimos con vós o concurso de debuxo do alumnado de 6º para que votedes o que máis vos guste. 
Preme na imaxe para acceder ao blogue de 6º

sábado, 10 de febreiro de 2018

CONCURSO POLO DÍA MUNDIAL DA RADIO

CONCURSO  CREA UN LOGO PARA A NOSA EMISORA DE RADIO
13 DE FEBREIRO, DÍA MUNDIAL DA RADIO.



Este é o logo do proxecto piloto “Radio na biblio” do que fomos seleccionados
pola Consellería.
Agora precisamos dun logo para a nosa emisora RADIO V.I.
Co motivo do Día Mundial da Radio convocamos este concurso.
Atopa as bases para participar na páxina RADIO V.I. ou escoita o anuncio do concurso na boca do noso alumnado de 5º:
https://drive.google.com/file/d/1Ia1RhqE8SOfL1kGOi1T8p0HyIeoOpEeZ/view?usp=sharing


xoves, 8 de febreiro de 2018

NOVIDADES NO EXPOSITOR DO PDI EXPERIMENTO V.I: CIENCIA E TECNOLOXÍA.

Temos moitas novidades no expositor adicado ao proxecto deste curso: Experimento V.I: Ciencia e tecnoloxía. Non perdas a oportunidade de ollalos e levar emprestados os que precisedes. Recorda que atoparás máis recursos seleccionados polo equipo na páxina do proxecto.

mércores, 7 de febreiro de 2018

RADIO NA BIBLIO: RADIO V.I.

Comezamos a formación do noso alumnado de 5º de Educación Primaria no proxecto Radio na biblio cunha primeira xuntanza na biblioteca cos novos materiais recén chegados ao cole. Creamos unha nova páxina neste blogue onde atoparedes  toda a información sobre este proxecto RADIO V.I. 


martes, 6 de febreiro de 2018

PARTICIPA NO VI CERTAME DE RELATO CURTO

Xa temos na biblioteca dous exemplares do libro do V Certame de Relato curto e ademáis hoxe repartimos uns marcapáxinas onde ven toda a información para participar no VI Certame de relato curto . Tes ata o 28 de Febreiro para presentar o teu traballo. Ti podes ser un dos 120 finalistas e publicar o teu relato nun libro.
Para máis información pincha na imaxe.


xoves, 1 de febreiro de 2018

RECURSOS ENTROIDO

Busca na biblioteca o novo expositor cos libros sobre disfraces, maquillaxes, contos e música. Non deixes de visitar a pestana adicada ao ENTROIDO, atoparedes ideas e recursos relacionadas coa temática deste ano.