venres, 29 de xaneiro de 2021

Poemas polo Día da paz en Radio VI

 

Alumnado de varios cursos acuden por quendas á nosa radio escolar para recitar poemas con motivo do Día escolar da non violencia e a paz.

Visita a noso programa de Poesía para escoitalos.


xoves, 28 de xaneiro de 2021

FORMACIÓN DE RADIO

 Na mañá do mércores tivemos a formación de radio co alumnado de 5º de Educación Primaria. Nesta ocasión e debido a situación da pandemia, fixemos a formación de forma telemática por videoconferencia  con Luis Pardo

Aínda que tivemos problemas coa conexión  (non puidemos velo e ás veces se entrecortaba o son) as actividades de aprendizaxe foron entretidas e produtivas para o noso alumnado que tivo que imaxinarse (como na radio) o seu rostro ao outro lado da pantalla.

Falaron das emisoras e os programas de radio que coñecían, da importancia da radio nalgunhas situacións da vida, repasaron os elementos da radio... Practicaron tamén a entoación a través de diferentes lecturas, fixeron presentacións de cancións como nos programas musicais, radiaron xogadas de fútbol, escoitaron efectos sonoros e como empregar o teléfono mobil para facer entrevistas con notas de voz.









martes, 26 de xaneiro de 2021

ALUMNADO DE 5º DE INFANTIL CANTAN NA RADIO

 O alumnado de 5º de Educación Infantil acuden á nosa radio escolar coa profe Ana para cantar "Para la guerra nada" con motivo da celebración do Día escolar da paz e a non violencia. 

Preme no seguinte enlace para escoitar o audio:

https://www.ivoox.com/cancion-para-guerra-nada-audios-mp3_rf_64455913_1.html





venres, 22 de xaneiro de 2021

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ

 Na biblioteca podedes atopar moitos fondos bibliográficos para traballar o Día da Paz. Preme na seguinte imaxe para ver o album de fotos coa selección de libros que fixemos e a ubicación dos mesmos nos andeis da biblioteca.


Ademais podedes consultar na pestana deste blog adicada á PAZ para ver as actividades que fixemos en cursos anteriores e os recursos seleccionados no noso taboleiro de Pinterest.



sábado, 16 de xaneiro de 2021

FORMACIÓN DO ALUMNADO NO DISEÑO 3D

 Comezamos a formación do alumnado no Diseño 3D. O profe Ramón iniciou as sesións de formación cun dos grupos de 6º de Educación Primaria e a actividade resultou moi positiva. Os alumnos e as alumnas aprenderon a manexarse rapidamente no programa Tinkercad diseñando e creando diferentes pezas, entre elas unha medalla para as nosas olimpiadas ARDIA 2021.


No seguinte vídeo podemos escoitar a dous alumnos explicando as fases da impresión 3D.



GALERÍA DE FOTOS (PREME NA IMAXE)