xoves, 30 de abril de 2020

RECURSOS PARA O DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O 2 de maio é o Día Interncional contra o acoso escolar.
O obxectivo é concienciar dos riscos do acoso escolar e coñecer os métodos para evitar a violencia nos centros escolares.
Dende o equipo de biblioteca fixemos unha selección dos libros e contos que serven como recursos educativos neste tema creando un novo taboleiro en Pinterest adicado a esta data que figura este curso no calendario escolar como contido para traballar nas aulas.

Da moita variedade de contos, imos deixarvos aquí o conto de Orellas de bolboreta, un dos nosos favoritos que temos na nosa biblioteca.

Contacontos Kalandraka TV



venres, 24 de abril de 2020

xoves, 23 de abril de 2020

TRABALLO DE JAIRO


Jairo de 2º de Ed. Primaria envíanos un traballo que fixo sobre un dos contos que recomendamos dende Biblio na casa  no Blog de tarefas do cole. Moitas grazas á familia de Jairo por estar acompañando e animando ao seu fillo a facer actividades deste tipo e compartirlas coa comunidade educativa. 

2º ELABORA UN CONTO DENDE CASA

O alumnado de 2º de Educación Primaria, motivados pola súa titora, inventaron un conto entre todos como actividade para o Día do Libro.
Escoitade con atención esta emocionante e misteriosa historia titulada "O castelo e os nenos".
Estupendo traballo nen@s!

xoves, 16 de abril de 2020

APORTACIÓNS DAS FAMILIAS POLO DÍA DA ARTE

Recibimos esta tarde no noso correo de contacto coas familias esta obra de arte feita por Xiana de 1º A para conmemorar o Día Mundial da Arte. Moitas gracias por compartir!


mércores, 15 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DA ARTE


Dende o ano 2012 vense celebrando cada 15 de abril o Día Mundial da Arte, unha data para dar a coñecer a importancia que ten a arte e sobre todo o pensamento creativo.
Celébrase cada 15 de abril porque foi o día que naceu un dos maiores artistas da humanidade: Leonardo Da Vinci, un home que foi pintor, escultor, deseñador, arquitecto, poeta, biólogo...
Aquí vos deixamos un audio conto sobre él. Esperamos que vos guste.


Tamén podedes visitar o Museo do Prado de Madrid no seu canal de YouTube.


martes, 7 de abril de 2020

Día Mundial da Saúde

Cada 7 de Abril celébrase o Día Mundial da Saúde. Hoxe máis ca nunca debemos tomar conciencia da importancia da saúde e das persoas que coidan de nós. Grazas a todo o persoal sanitario que está a traballar nestes momentos de loita contra o coronavirus.

Para os máis peques imos deixar o enlace a un xogo relacionado cos hábitos saudables. Esperamos que lles entreteñan un pouquiño. Moita forza dende a "bibliocasa".

Preme na imaxe para xogar


Na pestana XOGOS EDUCATIVOS tedes unha selección de xogos doutras temáticas. Descúbreos!!!