venres, 27 de xaneiro de 2023

AUDIOCONTOS DO CLUB LECTOCREA

 O Club de lectura formado por alumnado de 5º e 6º ten en marcha diferentes actividades neste segundo trimestre. Estiveron preparando audiocontos e durante varias semanas foron por quendas ao estudo de radio a gravar. 

Galería de fotos 
Fase de preparación: selección de contos e busca de efectos sonoros.


Podedes escoitar o resultado na nosa canle de RADIO V.I, no programa de AUDIOLIBROS V.I.

Deixamos aquí os enlaces aos podcast. Recorda esperar uns segundos, o programa comezará despois da publicidade. Se o escoitas no móbil é mellor baixar a aplicación de IVOOX.

Sheila e Lara: https://www.ivoox.com/e-ti-farias-audios-mp3_rf_102152018_1.html

Eva e Miriam: https://www.ivoox.com/o-aire-do-lobo-rigoberto-audios-mp3_rf_103997639_1.html

Noa, Vega, Daniela, Lucía e Iván: https://www.ivoox.com/isto-non-e-unha-selva-audios-mp3_rf_104539734_1.html

Eloy, Iria e Alex: https://www.ivoox.com/a-montana-libros-mais-alta-do-mundo-audios-mp3_rf_104648381_1.html

Lidia e Anna: https://www.ivoox.com/a-cocineira-do-rei-audios-mp3_rf_104756046_1.html





xoves, 26 de xaneiro de 2023

NOVO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN EN 4ºA- Primaria

 O alumnado de 4º é experto en traballos por proxectos. Despois do intenso traballo do primeiro trimestre sobre o corpo humano, comezan novo proxecto sobre os animais. Coma sempre seleccionaron unha chea de libros de animais da nosa biblioteca que levaron emprestados para a súa aula. Pronto saberemos máis sobre o que están a facer.


Preme na imaxe para ver o documento que resume o que comezaron a facer: investigación en libros, en internet a través de códigos QR, cubrir fichas, selección de imaxes, xogos de busca de fósiles, observación de radiografías de animais...


venres, 20 de xaneiro de 2023

VISITA DE EVA GONDAR REY

 

Galería de fotos

O alumnado de 6º de Educación Primaria recibiu hoxe á mañá a visita da escritora Eva Gondar Rey. Durante o primeiro trimestre unha das lecturas que fixeron no Plan de Lectura foi un dos libros desta escritora grovense: "El desván de Ary".
Na visita, a escritora fixo lectura de poesías e adiviñas doutros libros que ela xa escribira con anterioridade a este libro. Despois falaron da novela e lle fixeron unha chea de preguntas. Finalmente catro representantes foron a radio escolar para facerlle unha entrevista. Podedes escoitar o podcast na nosa canle de RADIO V.I., no programa de ENTREVISTAS.

Deixamos aquí o enlace directo ao podcast. Recorda esperar uns segundos despois de darlle a Reproducir.