FORMACIÓN DE USUARIOS

CURSO 22-23

Comezamos novo curso con todos os servizos da biblioteca en activo. Coa reforma terminada retomamos as sesións de formación de usuarios nos diferentes espazos da biblioteca.

PROGRAMA DE FORMACIÓN DE USUARIOS

1º TRIMESTRE

-REUNIÓN CO PROFESORADO DE NOVA INCORPORACIÓN.

Na primeira semana de Setembro realízase a primeira sesión dirixida ao profesorado de nova incorporación e ao resto do Claustro informando dos novos espazos da biblioteca, o seu funcionamento e formación na nova aplicación de xestión KOHA.

-SESIÓN DE FORMACIÓN COS AXUDANTES DE 5º e 6º DE ED. PRIMARIA.

Na primeira semana do periodo lectivo ofertamos ao alumnado do 3º ciclo de Ed. Primaria a posibilidade de colaborar nas tarefas de xestión e organización de actividades da biblioteca realizando unha sesión de formación cos isncritos.

-SESIÓNS DE FORMACIÓN EN ED. PRIMARIA

A mestra responsable da biblioteca en coordinación cos titores realiza sesións de formación nas chamadas horas de biblioteca que cada grupo dispón no seu horario semanal. 

Primeiro reciben unha charla informativa sobre a colocación dos libros e logo realizan xogos de busca.




CURSO 2021-2022

DEBIDO ÁS OBRAS DE MELLORA E AMPLIACIÓN DA BIBLIOTECA, NESTE CURSO A FORMACIÓN DE USUARIOS REALIZARASE NAS AULAS A TRAVÉS DOS TITORES.

- Os préstamos no 1º trimestre faranse nas aulas como no curso 20-21, rexistrando nas libretas deseñadas polo Equipo de Biblioteca para tal fin.

- A partir do 2º trimestre pasaremos instrucións ao profesorado do uso da nova forma de préstamos a través da Aplicación KOHA.

- Podes saber se o libro que queres haino na nosa biblioteca premendo no enlace do Catálogo KOHA.


- Terceiro trimestre: Sesións a cargo do alumnado voluntario de 6º Primaria no tempo de lecer.





PROTOCOLO DE BIBLIOTECA CURSO 2020-2021 

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO


COMO SE COLOCAN OS LIBROS NA BIBLIOTECA? 

Nolo explican neste vídeo os axudantes voluntarios de biblioteca de 6º de Educación Primaria.












Ningún comentario:

Publicar un comentario