domingo, 30 de maio de 2021

SOLUCIÓNS DO XOGO DE XEOGRAFÍAS LECTORAS


O alumnado de 1º e 2º desvela as solucións do Xogo das Xeografías lectoras por Europa escribindo nos seus debuxos o título e o nome do autor dos contos ilustrados. Preme na imaxe para ver todas as solucións.

 

mércores, 26 de maio de 2021

PLANTANDO E REGANDO

Ao noso alumnado encántalle ir ao horto escolar, proxecto que naceu no 2016 con Mans de terra e que continúa a día de hoxe. Os diferentes cursos foron limpando as malas herbas das súas parcelas e plantando todo tipo de vexetais. Os de primeiro teñen ata un espantallo!!!



venres, 21 de maio de 2021

MURAL COLABORATIVO SOBRE XELA ARIAS

 Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2021, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega fixo unha nova proposta a todos os cursos de Infantil e Primaria: un mural colaborativo sobre a autora Xela Arias, a quen se adica este ano o Día das Letras Galegas. Cada grupo tiña que atopar as respostas ás preguntas que lles propuxeron dende o EDLG e presentalas na súa cartolina. Pola súa parte, o Equipo de Biblioteca seleccionou os libros da biblio e recursos atopados en internet a través da pestana que adicamos a este día. Este foi o resultado das investigacións. Noraboa a tod@s polo traballo!!

Preme na imaxe do mural para ver mellor todos os traballos.


martes, 11 de maio de 2021

Cómics de 5ºA

 Alumnado de 5º A elaborou estes cómics con temas variados e unhas ilustracións fabulosas.

Podedes velos no seguinte enlace:



xoves, 6 de maio de 2021

XEOGRAFÍAS LECTORAS POR EUROPA

O Equipo de Biblioteca preparou un mural para conmemorar o Día de Europa (9 de Maio) na entrada do cole de 1º e 2º de Educación Primaria sobre Contos Europeos. Estes cursos fixeron debuxos dos personaxes dos contos coa profe Alba na clase de Plástica e os atoparás neste mural.

 Sabedes o título e o autor destes contos? Podedes contestar en "comentarios".


Preme na imaxe para ampliar a foto



Se non sabedes as respostas podedes indagar no seguinte Genially premendo na imaxe do mapa:



Para saber máis sobre esta conmemoración, visita a nosa pestana EUROPA.

mércores, 5 de maio de 2021

luns, 3 de maio de 2021

VIDEOCONFERENCIA COA EDITORIAL PATAS DE PEIXE

 Outra das actividades que organizamos no cole polo Día do libro, foi unha videoconferencia coa Editorial Patas de peixe. Daniela, que leva a parte administrativa da empresa e nai de dous alumnos do centro, ofreceunos a posibilidade de facer esta videoconferencia e presentounos a Laura Saez, a súa compañeira de traballo e que se encarga da parte creativa. 

Nesta videoconferencia, Laura falounos dos inicios da Editorial Patas de Peixe, como funciona e cantas persoas se precisan para chegar a editar un libro. Daniela, pola súa parte, falounos da súa función administrativa e publicitaria e que a pesares de que internet é unha ferramenta máis para vender libros, defende e xustifica a necesidade de acudir as librerías locais para poder ver, tocar e sentir os libros. Moitas grazas a Laura e Daniela pola súa colaboración. A sesión foi todo un éxito!