sábado, 21 de decembro de 2019

NADAL NO VALLE-INCLÁN

Rematamos o primeiro trimestre coa visita de Papá Noel e as actuacións de todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria na biblioteca cantando as panxoliñas, dirixidos pola mestra de música. Preme na imaxe para ver as fotos e vídeos das cancións.
Galería de fotos e vídeos

Se queres ver todas as actividades feitas nestas datas, visita a pestana Nadal.

OLYMPIC GAMES COS ESCORNABOTS


Xa temos no moble para escornabots, un novo xogo elaborado polo alumnado coa mestra de lingua inglesa e vinculado a temática do proxecto deste curso: ARDIA 2020 , os xogos olímpicos. 
No tempo de lecer podes pedir o escornabot ao encargado de biblioteca para xogar.

Para máis información sobre o proxecto Biblioteca Creativa pincha aquí.

FAMILIA A LA FUGA CERRADO POR FANTASTAS

Os membros do club de lectura de 5º e 6º de Educación Primaria comezan unha nova lectura: Cerrado por fantasmas da colección Familia a la fuga
Comezan así as súas vacacións de Nadal: contentos e ilusionados con este libro de narrativa fantástica que inclúe gafas 3D para visulizar as partes de cómic. Á volta das vacacións saberemos as súas opinións e visitarán a radio escolar para compartilas con tod@s.

Xa podedes consultar as novas datas das próximas xuntanzas na pestana adicada ao club de lectura.

mércores, 18 de decembro de 2019

COLOCANDO LIBROS


Os axudantes de hoxe estiveron a colocar libros nos andeis novos. Dada a cantidade de libros mercados, tivemos que engadir unha estantería máis á biblioteca. 

martes, 17 de decembro de 2019

EXPOSITOR LIBROS DE NADAL

O equipo de axudantas de hoxe preparou no tempo de lecer o expositor cos libros do Nadal.
Xa podes preparar a túa mochila con boas lecturas para estas vacacións!!


Na pestana adicada a esta celebración podes atopar outros recursos e actividades.

venres, 6 de decembro de 2019

mércores, 4 de decembro de 2019

TODO PREPARADO PARA A CERIMONIA INAUGURAL XOGOS ARDIA 2020



Mañá 5 de Decembro celebrarase a Cerimonia Inaurugal dos Xogos Ardia 2020 que fora posposta polo mal tempo. Ao fin teremos un fabuloso día de sol e está todo preparado para o gran evento. Esperamos a participación e asistencia da comunidade educativa.