venres, 30 de abril de 2021

xoves, 29 de abril de 2021

EMPEZANDO A IMPRIMIR 3D

 O alumnado de 6º B xa vai pola segunda sesión de formación en impresión 3D. Nesta ocasión aprenderon a traballar co programa SELVA para transformar unha imaxe 2D a 3D. Conseguiron pasar o debuxo do logo do PDI Ardia 2020 a unha imaxe en 3D e insertala no deseño dunha medalla co programa que xa coñecían da anterior sesión (Tinkercad). 

Agora temos a impresora traballando sen parar e facendo as medallas para a nosa cerimonia de clausura dos nosos Xogos Olímpicos Ardia 2021. 

Logo farán a última sesión: o post-procesado no que haberá que quitar imperfeccións e pintar as medallas.




mércores, 28 de abril de 2021

ILUSTRANDO E CANTANDO A ROSALÍA DE CASTRO

 Toda actividade colaborativa require de moito tempo, esforzo e traballo. Aquí vos deixamos o vídeo que elaborou o Equipo de Dinamización da Lingua Galega cun poema ilustrado e cantado polo noso alumnado coa dirección da mestra de música Raquel: "Alborada" de Rosalía de Castro.



martes, 27 de abril de 2021

BIOGRAFÍAS DE PERSOAS IMPORTANTES DE NORUEGA (6ºB)

 


Alumnado de 6º B investigaron diferentes persoas importantes de Noruega, país que representan no Proxecto Documental Ardia 2021 e despois prepararon diferentes programas para gravar na radio. Preme no enlace para escoitar a Selena, Aitor e Xavi falando dos seus traballos sobre Óscar I, Ivar Giaever e Edvard Grieg. 

Enlace ao Programa Ardia 2020-2021:

https://www.ivoox.com/biografias-persoas-importantes-noruega-1-parte-audios-mp3_rf_69165910_1.html

luns, 26 de abril de 2021

MARCAPÁXINAS CREATIVAS





 Outra das actividades que se realizaron durante a semana pasada foi a elaboración de marcapáxinas polo Día do Libro. Aquí vos deixamos algunhas mostras da creatividade do noso alumnado de 6º A.


venres, 23 de abril de 2021

INFANTIL NA RADIO

 Con motivo da Semana do Día do libro, o alumnado de 4º de Educación Infantil gravou na radio un audiolibro, o favorito da clase, titulado ¿Le pondremos un bigote? da autora Mar Benegas, Editorial Combel.

Lía, Roi, Isaías e María falan do libro e  recitan con moita alegría as súas palabras. Podédelos escoitar na nosa canle de RADIO V.I. , no programa AUDIOLIBROS.

https://www.ivoox.com/le-pondremos-bigote-audios-mp3_rf_69020868_1.html




xoves, 22 de abril de 2021

SESIÓN DE FORMACIÓN EN IMPRESIÓN 3D CON 6ºA

 Hoxe tocoulle a sesión de formación en Deseño 3D ao grupo de 6º A. Tras unhas pautas teóricas sobre as fases necesarias para levar a cabo unha impresión en 3D dirixidas polo profe Ramón, o alumnado deste grupo comezou a elaborar as súas propias creacións co programa Tinkercad.

luns, 19 de abril de 2021

NOVAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS NO PROGRAMA DE RADIO VI

 Entrando na Semana do Día do libro, comezamos a gravar novas recomendacións lectoras na Radio Escolar co alumnado de 5º de Educación Primaria. 


Tamén podedes consultar recursos, selección de fondos bibliográficos dispoñibles na nosa biblioteca e outras actividades realizadas en cursos anteriores na pestana adicada a esta conmemoración: DÍA DO LIBRO, 23 de Abril.

mércores, 14 de abril de 2021

PROGRAMACIÓN EN 1º PRIMARIA


O alumnado de 1º de Educación Primaria están a iniciarse na programación con bloques en code.org. 

Xa temos varios diplomados!!! Que rápido aprenden e como difrutan na aula de informática!


luns, 12 de abril de 2021

1º NO HORTO

 O proxecto de Mans de terra do curso 2016-2017 no que construímos un horto no noso colexio segue a súa continuidade grazas aos titores que seguen a levar ao seu alumnado curso tras curso seguindo o calendario de plantación suxerido polo Equipo de Actividades Extraescolares.

Hoxe os alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria foron co seu titor a plantar leitugas e outras verduras de inverno despois de facer unha boa limpeza das malas herbas en días anteriores.




venres, 9 de abril de 2021

O ESCORNABOT RIMA EN 2º PRIMARIA

 Un novo xogo foi inventado polo equipo de biblioteca para traballar as rimas na semana do Día Mundial da Poesía co alumnado de 2º de Educación Primaria. Primeiro tiñan que escoller unha palabra das tarxetas que estaban colocadas fóra da plantilla e atopar a palabra que rimaba programando o escornabot ata a palabra correcta.



martes, 6 de abril de 2021

NOVO EPISODIO NA RADIO: LENDAS GALEGAS

 O alumnado de 6º A de Educación Primaria estivo a investigar sobre as lendas galegas. Logo seleccionaron catro para gravalas na radio. Aquí vos deixamos o enlace ao novo episodio do noso programa no que participan: Leire como presentadora, Yago coa lenda do burro de A Toxa, Jimena coa lenda das nove olas da praia da Lanzada, Uxía coa lenda da cerva branca dos Ancares e Nasir coa lenda da Torre de Hércules de A Coruña.


https://www.ivoox.com/lendas-galegas-6-a-audios-mp3_rf_68136168_1.html