luns, 28 de novembro de 2022

OBRADOIROS DE EMOCIÓNS

 O alumnado dende 3º ata 6º de Educación Primaria está participando nuns obradoiros para identificar as emocións. Falaron sobre o que son as emoción, os diferentes tipos de emocións que coñecen, que non hai emocións malas... e o máis importante, a diferencia entre o bo trato e o maltrato, incidindo que non só existe a violencia física, que se molestamos a alguén con dicindo ou facendo algo que sabemos que lle fai dano, tamén estamos agredindo.

Nos diferentes cursos fixeron xogos adaptados a súa idade: Nalgúns experimentaron sensacións ao tapar os ollos e tocar a plastilina, outros cursos xogaron a adiviñar figuras construídas con plastilina e os maiores do cole axudaban aos que tiñan os ollos tapados a construír as figuras e aprender así a traballar xuntos e descubrir que axudar aos demáis fai que nos sintamos ben.



venres, 25 de novembro de 2022

VÍDEO POLO 25 N (CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO)

 O alumnado de todo o centro dende Ed. Infantil ata 6º de Ed. Primaria participou na creación deste vídeo para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero organizado polo Equipo de Dinamización Galega. Durante toda esta semana todos os cursos estiveron facendo algunhas das gravacións no Croma da Biblioteca Creativa e outras en diferentes zonas do colexio. Finalmente, no día de hoxe foron a ver o resultado da película á sala de Cine. Nalgúns cursos aproveitaron para pintar as unllas de cor violeta.


Preme na imaxe para acceder ao vídeo

Preme na imaxe para ver as fotos



ACTIVIDADE "PLANTANDO ÁRBORES"

 




O alumnado dende 3º a 6º de Educación Primaria participou a semana pasada nunha actividade titulada "Plantando árbores". É un proxecto que xunta o coidado do medio ambiente ca arte, onde o rapaces e rapazas de 5º e 6º  fixeron bocetos que enviaron ao artista e logo creou o deseño dun mural. O resultado final fíxose na parede do patio cuberto do colexio de forma colaborativa usando pintura fotocatalítica anticontaminación (absorben gases contaminantes, facendo a función dunha árbore) 

Co alumnado de 3º e 4º pintaron cada un unha bolsa de tea, tamén coa pintura ecolóxica. Os nenos e nenas puideron mellorar a súa creatividade e mostrar as súas dotes na área da Educación Artística. Agora dispoñen dunha bolsa reutilizable para levar as súas cousiñas e ao mesmo tempo contribuir ao coidado do medio ambiente.



venres, 18 de novembro de 2022

RETOMANDO ACTIVIDADES INTER-ETAPAS

 

Preme na imaxe para ver a Galería de fotos

Con motivo da celebración do Día da Infancia que será este domingo día 20 de Novembro, as mestras de 1º de Ed. Primaria e a de 6º de Ed. Infantil xuntaron aos seus alumnos e alumnas para facer unha actividade inter-etapa e favorecer a transición entre as dúas etapas educativa. Elaboraron un gran mural coas súas manciñas e decoraron con moitas cores. Por parellas debuxaron o contorno das máns e logo cada un decorou e personificou a súa.
Tamén aprenderon todos xuntos a canción dos dereitos de "Los Lunnis".

xoves, 17 de novembro de 2022

PROXECTO DE AULA CORPO HUMANO DE 4ºA (PRIMEIRA PARTE)

 


O alumnado de 4º A realizou un traballo de investigación sobre o corpo humano. Preme na imaxe para ver as fases deste proxecto. Noraboa rapaces e rapazas!

SESIÓN DE BIBLIOTECA DE 4ºB

 


O alumnado de 4º B aproveita moi ben os novos espazos da biblioteca. Na última sesión, ademais de facer os préstamos semanais, leron as fichas de lectura que fixeron na casa dos libros que levaron, compartindo as súas opinións e mostrando a súa mellora na escrita, "escribindo a biblioteca" como o lema das bibliotecas escolares de Galicia deste curso 2022-2023. 

mércores, 16 de novembro de 2022

FORMACIÓN DE USUARIOS EN 1º PRIMARIA

 


Pouco a pouco todos os cursos van pasando pola biblioteca para facer préstamos, xogar na sala creativa e por suposto facer as sesións de formación. O martes foi a quenda do alumnado de 1º de Ed. Primaria.

martes, 15 de novembro de 2022

XOGOS POPULARES NO MAGOSTO

 


O pasado xoves 10 de Novembro celebramos no colexio a festa do Magosto: degustación das castañas asadas e xogos populares para todos e todas dende Infantil ata 6º de Ed. Primaria pasaron polos 9 xogos organizados polo Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias. Preme na imaxe para ver as fotos.

luns, 14 de novembro de 2022

FORMACIÓN DE USUARIOS EN 2º PRIMARIA

 


Alumnado de 2º de Ed. Primaria tamén fixo xa a súa primeira sesión de formación de usuarios na nova zona dos contos. Demos unhas pequenas pistas de onde e como se colocan os libros na biblioteca e logo a xogar... na procura dos libros das tarxetas. 

luns, 7 de novembro de 2022

FORMACIÓN DE USUARIOS EN 3º PRIMARIA

 


Todos os xoves o alumnado de 3º de Ed. Primaria asiste á biblioteca para facer diferentes actividades: lectura libre, selección de libros, xogos de mesa, busca de información... pero este día tocou formación de usuarios. Que fixeron? 
Primeiro escoitaron as explicacións da responsable da biblioteca en canto ao coidado dos libros e a súa colocación nos expositores, andeis e carros. Logo retámolos a facer un xogo de busca dándolles algunhas pistas. Finalmente houbo que colocar de novo os libros no seu sitio.
Preme na imaxe para ver a Galería de fotos.

venres, 4 de novembro de 2022

ACTIVIDADE DE EXTENSIÓN CULTURAL NO NOVO AUDITORIO DE O GROVE

 Todo o alumnado dende 1º ata 6º de Ed. Primaria acudiu hoxe ao novo Auditorio de O Grove onde puideron coñecer os instrumentos de vento presentados por algúns dos músicos da Escola de Música de O Grove. Preme na imaxe para ver a Galería de fotos.



mércores, 2 de novembro de 2022

O CLUB LECTOCREA DE ARDIA REÚNESE DE NOVO

 O club de lectura segue crecendo e trala lectura de Cerrado por fantasmas, pasamos a facer lectura dunha obra de teatro titulada "Historia dunha sobreira", que se da tempo, prepararemos para unha actuación previa ás vacacións de Nadal.