O alumnado dende 3º a 6º de Educación Primaria participou a semana pasada nunha actividade titulada "Plantando árbores". É un proxecto que xunta o coidado do medio ambiente ca arte, onde o rapaces e rapazas de 5º e 6º fixeron bocetos que enviaron ao artista e logo creou o deseño dun mural. O resultado final fíxose na parede do patio cuberto do colexio de forma colaborativa usando pintura fotocatalítica anticontaminación (absorben gases contaminantes, facendo a función dunha árbore)
Co alumnado de 3º e 4º pintaron cada un unha bolsa de tea, tamén coa pintura ecolóxica. Os nenos e nenas puideron mellorar a súa creatividade e mostrar as súas dotes na área da Educación Artística. Agora dispoñen dunha bolsa reutilizable para levar as súas cousiñas e ao mesmo tempo contribuir ao coidado do medio ambiente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario