venres, 28 de abril de 2023

NOVO PROGRAMA DE RADIO ADICADO A PACO DEL RIEGO- 4º PRIMARIA

 O alumnado de 4º B de Educación Primaria elaborou un rap sobre a vida do autor Francisco Fernández del Riego, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas para participar no V Concurso Radio na Biblio.

Tralo proceso de investigación cos libros da biblio, inventaron a letra do rap e logro gravaron o audio para o noso Programa Musical de RADIO V.I.

Deixamos o enlace para escoitalo. Desfrutade!



venres, 14 de abril de 2023

DINAMIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE BIBLIOTECA

Nos tempos de lecer seguen a realizarse moitas actividades baixo a supervisión dos axudantes voluntarios de biblioteca de 5º e 6º de Ed. Primaria: lecturas compartidas, busca de información, préstamos de libros, xogos de mesa, de construcción, puzzles, videoxogos, robótica... Deixamos a galería de imaxes correspondente ao 2º trimestre para que vos fagades unha idea da variedade de actividades que se poden facer.

Preme na imaxe