xoves, 21 de decembro de 2017

GUÍA DE LECTURAS E PELIS PARA NADAL

Para rematar este primeiro trimestre o equipo de biblioteca elaborou este tríptico con recomendacións para agasallar no Nadal. 
O alumnado de 5º e 6º encargouse do plegado e o noso conserxe repartiunos para todos os nenos e nenas. 
Preme na imaxe para ver a guía.


TEATRO NA BIBLIOTECA

O 20 de Decembro o alumnado de 3º de Ed. Primaria representou o conto O cociñeiro Martiño para todo o cole na biblioteca. Como somos moitos fixeron varios pases. Son uns actores estupendos. Aquí vos deixamos os vídeos.

3ºA actúo para os nenos e nenas de Educación Infantil e despois para os de 1º e 2º de Ed. Primaria.


3ºB actúo para os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria


mércores, 20 de decembro de 2017

OBRADOIROS DE PINCHOS NAVIDEÑOS

Os días 13 e 20 de Decembro tivo lugar no laboratorio uns obradoiros de creación de pinchos navideños no que participaron todos os membros do clube de lectura dende 3º a 6º.
Aquí vos deixamos as fotos deses días. Se queredes saber máis sobre o noso clube pincha na pestana CLUBE DE LECTURA.

Alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria








 Alumnado de 5º e 6º de Ed.Primaria








domingo, 17 de decembro de 2017

NOVIDADES NO NADAL


Xa temos os libros relacionados co Nadal á entrada da biblioteca.
Estade atentos porque durante a vindeira semana chegarán máis novidades coma estas:

Para os maiores de 7-8 anos:


Para os máis pequenos:


Non esquezas premer na pestana adicada ao NADAL. Neste enlace atoparás diferentes recursos: contos, cancións, manualidades, receitas de cociña navideña...

venres, 15 de decembro de 2017

INFORME TRIMESTRAL DA COMISIÓN DE BIBLIOTECA

Hoxe tivo lugar a 1ª xuntanza da Comisión de biblioteca deste novo curso.
Informamos aos representantes da comunidade educativa das novidades e fixemos entrega do boletín informativo.
Preme na imaxe para velo.



RECUNCHOS LECTORES PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Continuamos coas melloras da nosa biblioteca e por iso preparamos dous novos recunchos para uso e disfrute de toda a comunidade educativa. Pensando principalmente nos pais, nais e familiares do noso alumnado reservamos estes espazos: os recunchos das familias con libros, xornais e revistas para eles.
Recuncho na entrada á biblioteca


Recuncho na planta baixa

domingo, 10 de decembro de 2017

DA CONSTITUCIÓN AOS DEREITOS HUMANOS

 
O equipo de axudantes pon a vosa disposición os libros da biblioteca nun expositor na entrada da mesma con motivo da semana na que conmemoramos datas importantes como o Día da Constitución (6 de Decembro) e o Día internacional dos Dereitos Humanos (10 de Decembro).



Aproveitade tamén os recursos seleccionados e publicados na pestana: Constitución e Estatuto de Autonomía de Galicia; e nos taboleiros en Pinterest. Aquí atoparedes libros, cancións, xogos, películas e moita información para documentarse.



mércores, 6 de decembro de 2017

ACTIVIDADES NA AULA DA SIRADELLA

Chéganos ao cole información tan interesante coma esta: Actividades que van ter lugar no Centro de interpretación da natureza que temos na Siradella. Non volo podedes perder. Aproveitar as vacacións de Nadal ao máximo.

domingo, 3 de decembro de 2017

RECURSOS DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDE


Por primeira vez aparece esta conmemoración no calendario escolar 2017-2018. O equipo de biblioteca ofrece a súa selección de recursos nunha nova pestana deste blogue. Esperamos que sexa da vosa utilidade. 

xoves, 30 de novembro de 2017

PARTICIPAMOS NAS VIII XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Os días 1 e 2 de Decembro celébranse as VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia no Palacio de Congresos en Santiago de Compostela. 
Este ano chamáronos da Asesoría de Bibliotecas para presentar os nosos proxectos  o sábado día 2 ás 11:45 h. Consulta o programa e non dubides en vir a vernos. Aseguramos que a presentación será fantástica. 




SELECCIONADOS PARA O PROXECTO RADIO NA BIBLIO

No mes de Outubro saía publicada a Convocatoria para participar nun proxecto piloto chamado "Radio na biblio" e como no noso centro xa tíñamos pensado facelo dentro das actividades do novo proxecto Experimento VI: Ciencia e tecnoloxía. o Claustro do centro decidiu solicitalo.

No mes de Novembro recibimos a nova de seren uns dos 20 centros de Galicia seleccionados. Estamos entusiasmados e impacientes por empezar a formarnos para levar a cabo a actividade, mercar os medios técnicos e empezar a grabar.


CONTACONTOS E TEATRO POLO 25 N

O mércores día 29 leváronse a cabo diferentes actividades na biblio para celebrar o 25 N: Día internacional contra a violencia de xénero.

Na segunda sesión da mañá chegaban os máis pequenos do cole, o alumnado de Educación Infantil á nosa biblioteca para escoitar uns "Contacontos". As profes do equipo de Biblioteca, Yoli e Noe, tíñalles preparado unha sorpresiña: o conto de "Arturo e Clementina" e o conto "A cor violeta dos pulpos". Despois dos contos houbo opinións moi diversas sobre o trato que debemos ter cara aos demáis.

Na hora do plan lector, o alumnado de 4º actúo para todos os compañeiros e compañeiras dos cursos de 1º a 4º de Educación Primaria a obra "Déjame en paz" que trata o tema do acoso con un texto rimado e divertido. 




venres, 24 de novembro de 2017

PROGRAMA E RECURSOS PARA O 25 N


Xa temos na entrada á biblioteca os expositores cos libros para traballar a conmemoración do 25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Se queres atopar máis recursos visita a nosa pestana adicada a este día: 25N VIOLENCIA DE XÉNERO.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES: 
O martes día 28 despois do lecer cantaremos todos xuntos no patio unha canción que preparou a profe de música titulada "Experimenta coa túa vida" .

O mércores día 29 na segunda sesión da mañá o alumnado de Educación Infantil recibirá a visita de dúas mestras "Contacontos" do equipo de Biblioteca. Escoitarán o conto de Artur e Clementina e o conto A cor violeta dos pulpos.
Tamén o mércores pero despois do lecer, o alumnado de 4º representará a obra de teatro "Déjame en paz" na biblioteca para todo o alumnado de 1º a 4º de Educación Primaria.



sábado, 18 de novembro de 2017

RECURSOS DÍA DA INFANCIA


Xa está na entrada á biblioteca o expositor cos libros seleccionados para o Día da Infancia (20 de Novembro). Para máis información podes premer na pestana 20N INFANCIA.

Este ano celebraremos por terceira vez consecutiva a carreira solidaria SAVE THE CHILDREN. O martes día 21, despois do lecer, comezarán as carreiras no patio. Animamos a toda a comunidade educativa a participar como patrocinadores dos corredores.

Nos seguintes enlaces podedes ver os vídeos dos cursos pasados.


mércores, 8 de novembro de 2017

RECURSOS PARA O MAGOSTO

Xa está a vosa disposición na entrada á biblioteca o expositor cos libros relacionados coa celebración do Magosto que o equipo de axudantes de sexto estivo seleccionando durante esta semana.


Recordar que na pestana MAGOSTO  podedes atopar moitos máis recursos.

Ademais, o martes día 14 celebraremos esta festa todos xuntos no patio coa degustación das castañas primeramente e despois faremos unha chea de xogos tradicionais. Preme na imaxe para ver as instrucións dos mesmos.



martes, 7 de novembro de 2017

"CONTACONTOS POR UN DÍA" SAMAÍN 2017

E un ano mais as familias prestáronse para levar a cabo a semana dos "Contacontos por un día" na etapa de Educación Infantil.
Dende o día 26 ata o 31 de Outubro, varias nais acudiron ao noso centro para contarlles  contos de medo aos seus fillos. Ao finalizar os contos, os nenos e nenas entregaron as súas mamás uns diplomas cunhas apertas moi emotivas.