E aquí temos xa o segundo episodio do novo programa de Radio V.I. : Quen o escribiu? Desta vez son alumnos e alumnas de 6º A de Educación Primaria os que presentan o novo reto de adiviñar o conto e o escritor. Atentos porque tamén darán a solución do anterior conto.
Preme na imaxe para ir ao enlace da nosa canle de Radio, dalle a reproducir o audio, agarda uns segundos e despois de escoitar o programa intenta responder no apartado de comentarios desta entrada do blog. Participa!!!
Os nenos e nenas de 5º A pensamos que se trata do conto "A que sabe a lúa?" Noraboa aos nosos compañei@s polo seu traballo!
ResponderEliminarAínda que falan da Lúa, non se trata do conto "A que sabe a lúa?. Pronto publicaremos o tercer episodio deste programa e os compañeiros de 5ºB daraivos a solución ;) Grazas por participar!
EliminarOs nenos e nenas de 4º non o sabemos.
ResponderEliminarMoi bo traballo!
Na clase de 4 anos necesitamos un cachiño máis da historia para adiviñar este conto :)
ResponderEliminarOs nenos e neneas de 5 anos B non temos claro o conto que é. Algúns pensa que pode ser Pepiño ou como esconder un león en navidad.
ResponderEliminarMoi bo traballo!