Amosando publicacións coa etiqueta Implicación Comunidade Educativa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Implicación Comunidade Educativa. Amosar todas as publicacións

martes, 3 de marzo de 2026

Recitando a Rosalía en colaboración con outros centros de O Grove


O alumnado voluntario de biblioteca de 5º e 6º de Educación Primaria colaborou na gravación deste vídeo organizado polo Grupo cultural de Breogán recitando "Campanas de bastabales", homenaxe a Rosalía de Castro polo 23 de Febreiro.
 
 
Memorizacións e ensaios na sala creativa 


 

 

venres, 24 de outubro de 2025

OBRA DE TEATRO "CASTELAO"

 


O alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria acudiu ao Auditorio de O Grove para ver a obra de teatro titulada "Castelao".  A obra, dirixida por Fina Calleja e a cargo da compañía Culturactiva presentou a un Castelao de 8 anos na súa vila natal, divertido, alegre e aventureiro.

xoves, 23 de outubro de 2025

CONTACONTOS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE O GROVE

 


No día de onte, o alumnado de Educación Infantil tivo a sorte de recibir a visita de dúas expertas en Contacontos da Biblioteca Municipal de O Grove que nos fascinaron coas súas historias e as bonitas ilustracións feitas por elas de diferentes lugares da nosa vila.  Grazas polo voso traballo! É marabilloso!

mércores, 14 de maio de 2025

Cantando e tocando polas Letras Galegas

 


Celebramos as Letras Galegas cantando e tocando con Dunia, unha nai do noso centro que é pandereteira, do grupo Cinco en Zocas de O Grove. Foron unhas sesións moi divertidas onde todo o cole dende 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria, en varias quendas, poideron tocar algúns dos instrumentos que se poden facer con cousas que temos na casa: as culleres, as cunchas, a tixola, as latas, o sacho... e por último os instrumentos tradicionais como o pandeiro e as pandeiretas.
Prema na imaxe para ver a galería de fotos.

venres, 4 de abril de 2025

Campaña Didáctica da Escola de Música para Primaria

 


Hoxe visitaron o noso cole a Campaña didáctica da escola de Música para dar a coñecer os instrumentos de vento ao noso alumnado de Educación Primaria. Os nenos e nenas tiveron a oportunidade de probar algúns instrumentos e mesmo dirixir ao grupo de músicos e tamén cantaron moitas cancións coñecidas. Esperamos que esta actividade anime aos rapaces e rapazas a elexir como actividade no seu tempo de lecer a música.

luns, 31 de marzo de 2025

Recital de poesía: Igualdade, muller e poesía.

 

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria escoitou un recital de poesía para celebrar o Día da poesía na nosa biblioteca. Queco Fresco e Mari Carmen Cacabelos co grupo Diversos Conversos emocionaron co seu recital ao noso alumnado con temática relacionada do Dia da muller, a igualdade e a poesía.

venres, 20 de decembro de 2024

Imos ver aos Bolechas

 


O 29 de Novembro o alumnado de 4 a 9 anos foron invitados pola Biblioteca Municipal e o Concello de O Grove ao Auditorio para ver un espectáculo musical dos famosos Bolechas. Aprenderon cantando e bailando moitos dos valores que traballamos no cole durante todo o curso e tamén os instrumentos musicais. 
Preme na imaxe para ver mais fotos e vídeos.

xoves, 19 de decembro de 2024

FORMACIÓN DE USUARIOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

 


O alumnado de 3º de Educación Primaria acudiu á Biblioteca Municipal para realizar actividades de formación de usuarios coñecendo os espazos e as normas de funcionamento dunha biblioteca e tamén viviron en primeira persoa a elaboración dun libro. En pequenos equipos crearon o seu propio libro onde cada un tivo a responsabilidade de realizar unha función diferente: o autor, o ilustrador...
Preme na imaxe para ver a galería de fotos.

martes, 3 de decembro de 2024

ASISTENCIA AO ESPECTÁCULO "CENSOR DE MONSTROS"

 


O 15 de Novembro o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Ed. Primaria acudiu á Casa da Cultura para ver o espectáculo titulado "Censor de monstros" do grupo Barafunda, actividade ofertada pola Biblioteca Municipal e o Concello de O Grove.

luns, 12 de febreiro de 2024

VIAXE NO TEMPO COA CIENTÍFICA MARIE CURIE

 Que mellor maneira de celebrar o 11 F - Día da muller e a nena na ciencia que facendo un xogo?

O alumnado de 6º de Educación Primaria ofreceuse voluntario para atopar unha "peza clave" perdida nunha expedición a África no pasado e necesaria no presente para seguir co progreso científico. Eles e elas serán o grupo de sabios e sabias dirixidos pola xefa da expedición Marie Curie para atopar a peza e o regreso a casa.

Xogo ofrecido e financiado polo Concello de O Grove e que non dubidamos en participar unha vez lida a información aportada polos organizadores para traballar a igualdade cos nosos rapaces e rapazas dunha forma lúdica e inclusiva.

Galería de fotos