xoves, 26 de marzo de 2026

Visita da escritora Érica Esmorís

 

 
 
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria recibiu na nosa biblioteca a visita da escritora Érica Esmorís tras a lectura do seu libro "Erin e o lobo" (XL Premio Merlín) Este libro é unha emocionante historia sobre a forza das palabras, a beleza dos vínculos invisibles e o desexo profundo de atopar un lugar no mundo. Lectura que escolleu este ciclo dentro da programación do Plan de lectura. Despois da presentación da escritora, todos puideron facerlles preguntas sobre o libro e finalmente firmoulles a cada un o seu libro. 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario