luns, 9 de marzo de 2026

Formación de usuarios de biblioteca en 3º e 4º de Educación Primaria.

 

 

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria realizou as sesións de formación de usuarios de biblioteca durante a segunda metade do mes de Febreiro e a primeira semana de Marzo. Nos catro grupos aprenderon que significan as etiquetas e numeracións dos libros e para que serve. (CDU e número de rexistro do libro). Despois de explicarlles como se colocan nas estanterías e nos expositores, procederon a localizar libros que estiveran mal colocados tanto na sala dos contos como na sala dos libros informativos.

Preme na imaxe para ver a galería de fotos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario