O alumnado de Educación Infantil tivo a sorte de recibir na nosa biblioteca a uns expertos do
Parque Nacional das Illas Atlánticas. Viñeron a falarlles das paisaxes das illas, da vida mariña e terrestre e das especies de cada unha delas e por suposto do Cormorán moñudo ("corvo mariño") especie en perigo.
Realizaron diversas dinámicas participativas:
- Os amigos de Pepa e Martiño: xogo sobre as especies que habitan nas illas.
- Ónde viven Pepa e Martiño?: mostráronlles as paisaxes das illas.
- A vida de Pepa e Martiño: contacontos sobre a vida dun cormorán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario