Alumnado de diferentes cursos participaron no mes de Abril no IX Certame de Relato Curto organizado por FANPA. A organización ven de publicar recentemente na súa páxina web os relatos seleccionados que serán publicados nun libro que pronto teremos na nosa biblioteca. Queremos darlle a noraboa a: Uxía e Daniel de 6º A, a Eva, Miriam, Roi e Zaira de 6º B e a Sasha de 3º de Educación Primaria. Tamén ao mestre Gael que participou na categoría de adultos. Todos deberán acudir o día 23 de Xuño ao Auditorio do Pazo da Cultura en Pontevedra ás 18 h. para recibir o seu diploma e o libro colectivo con todos os relatos finalistas. Ademais de entre todos estes finalistas, o día do acto de entrega de diplomas, escollerán un gañador por cada categoría (Primaria, Secundaria, Bachiller, Adultos...) que recibirá un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina do ilustrador Manolo Figueiras. A ver se hai sorte... estaremos todos pendentes do resultado final ese día!
Preme na imaxe para ver a publicación da FANPA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario