luns, 8 de maio de 2023

VISITA A PADRÓN DO CLUB DE LECTURA

 O 25 de Abril os nenos e nenas do Club LectoCrea de Ardia tiveron a sorte de disfrutar dunha excursión ao Concello de Padrón. Logo de ler o libro titulado "Formigas. Misión Rosalía" de Pere Tobaruela durante o segundo trimestre, organizamos xunto co Club de lectura do Ceip As Bizocas unha visita a este Concello para coñecer a Casa-Museo de Rosalía de Castro. Tamén fixeron parte da ruta rosaliana que aparece no libro facendo parada no Xardín Botánico onde realizaron actividades relacionadas coas aventuras do libro que leron. O paseo do Espolón foi o sitio perfecto para tomar o xantar ao pé da Estatua de Rosalía e a Igrexa de Santiago Apóstolo. Logo de facer uns xogos na alameda do paseo, cruzamos a ponte de Santiago de Padrón para chegar ao alto do Convento do Carme onde poidemos ver unhas vistas preciosas de Padrón. Alí realizamos as lecturas compartidas mesturando grupos dos dous colexios para intercambiar opinións dos seus libros favoritos. Foi unha xornada estupenda onde compartiron lecturas, información e aprendizaxe.

Galería de fotos


Ningún comentario:

Publicar un comentario