sábado, 28 de outubro de 2017

Programa de actividades polo SAMAÍN

Dende o Equipo de biblioteca informamos das actividades programadas polo Samaín en colaboración cos outros equipos de traballo do centro, as familias e os mestres.

Do 26 ao 31 de Outubro: Sesións de "Contacontos por un día" en Educación Infantil a cargo das familias que se ofreceron voluntarias. Durante catro días os nenos e nenas máis pequerechos do cole poderán escoitar as súas nais, pais, avoas, avós...como lles contan historias de medo.

Do 30 de Outubro ao 3 de Novembro:

1.Exposición de cabazas de Educación Infantil e Primaria.
A partires do día 30 os nenos e nenas que queiran poderán traer á escola unha cabaza decorada en relación ao noso proxecto documental: Experimento V.I.: Ciencia e tecnoloxía.

2.Ciclo de curtametraxes de medo.
Durante o tempo de lecer (12.10 a 12.40) haberá "cine de terror" na biblio. Os días 30 e 31 as curtas serán para 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.
Os días 2 e 3 as curtas serán máis axeitadas para 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
O alumnado de Ed. Infantil terá tamén as súas sesións de cine nas aulas.

Na pestana adicada o Samaín do noso blogue podedes atopar recursos para traballar nas aulas ou na casa e os antigos vídeos de cursos anteriores.


Ningún comentario:

Publicar un comentario