mércores, 20 de maio de 2026

Saída do Club de lectura a Santiago de Compostela

 Visitamos o Centro dramático galego con motivo da lectura de varias obras de teatro. Alí puidemos descubrir todo o que acontece detrás dos telóns, o funcionamento das poleas que moven decorados e telóns, a importancia do atrezzo, visitamos os camerinos, subimos ao escenario e a sala de control de sons e luces. Despois da merenda, percorrimos as rúas do casco histórico e os nenos e nenas experimentaron unha xornada de convivencia co alumnado do Club de Lectura do Ceip As Bizocas, compartindo unha actividade de busca de prazas no noso percorrido pola cidade. Finalmente paramos na Alameda para tomar o xantar. 

Podes consultar todas as actividades do club de lectura na súa pestana. 

Galería de fotos 

 

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario