xoves, 27 de febreiro de 2025

Mandadiño do venres

 


E rematamos a semana dos mandadiños co Desfile do Proxecto Documental Integrado deste curso: "Somos artistas".

venres, 21 de febreiro de 2025

Títeres en Ed. Infantil

 

O departamento de Orientación formado por Elena, Gael e Sergio representaron o conto de Carapuchiña e o lobo feroz nas aulas de Educación Infantil. Cada neno e nena recibiu a súa entrada para a representación e desfrutaron moito con nosos compañeiros. Preme na imaxe para ver máis fotos.

Mandadiño do luns

 



luns, 17 de febreiro de 2025

Deseñando gafas coa impresora 3D

 

 

 O Equipo de Biblioteca Creativa estivo deseñando monturas de gafas para o Entroido coa impresora 3D. Se queres saber todo o que fan nas súas sesións preme na imaxe.

Guía de libros do PDI Somos Artistas

Continuamos actualizando os expositores da entrada á biblioteca cos fondos relacionados co Proxecto Somos Artistas. Toda a información sobre a selección de libros e recursos para o  mesmo e as actividades  realizadas polo momento no seu blog, non deixes de visitalo.
 


Canción e baile polo Día da Paz

 



xoves, 13 de febreiro de 2025

Axudantes de biblioteca




A labor do equipo de axudantas de biblioteca de 5º  6º de Educación Primaria é fundamental para o bo funcionamento da biblioteca. Elas vixían e axudan ao resto dos nenos e nenas do cole nos tempos de lecer, fan préstamos, organizan e colocan libros e xogos, elaboran materiais para as conmemoracións...

 

martes, 11 de febreiro de 2025

4º de Ed. Infantil comeza as súas visitas á Biblioteca Creativa

 


O alumnado de 4º de Educación Infantil comezou neste segundo trimestre as súas visitas á biblioteca unha vez por semana seguindo o horario establecido para uso e disfrute de todo o alumnado, coñecendo os diferentes recunchos. Na imaxe podedes ver o uso que fan da sala dos xogos creativos: Lego, marionetas, xogos de construccións de Kappla...