luns, 31 de marzo de 2025

Recital de poesía: Igualdade, muller e poesía.

 

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria escoitou un recital de poesía para celebrar o Día da poesía na nosa biblioteca. Queco Fresco e Mari Carmen Cacabelos co grupo Diversos Conversos emocionaron co seu recital ao noso alumnado con temática relacionada do Dia da muller, a igualdade e a poesía.

mércores, 26 de marzo de 2025

ACTIVIDADES POLO DÍA DA MULLER

 

O Equipo de biblioteca preparou unha exposición de mulleres artistas na biblioteca a que todos os cursos puideron visitar durante este mes de marzo. Trátase de 9 mulleres galegas coñecidas en diferentes disciplinas artísticas: as pintoras Maruja Mallo e Rosa Guisán; a escultora Soledad Peralta; a ilustradora de contos Blanca Millán, a arquitecta Milagros Rey, a actriz María Casares, artistas musicais como Guadi Galego ou as Tanxugueiras, e por suposto a nosa poeta Rosalía de Castro. 

Nesta exposición os nenos e nenas poden ler a información a carón de cada fotografía da artista e escanear coas tablets da biblio os códigos QR para ver as súas obras.

 

 
Na zona de Educación Infantil e na zona interclases de 1º ciclo prepararon murais sobre a artista xaponesa Yayoi Kusama. Na zona de Educación Infantil decoraron con pegatinas de cor violeta e escanearon códigos QR para ver as obras desta artista. Na zona de 1º ciclo a mestra de ARTS iniciou a decoración co alumnado de 1º ciclo para invitar a continuación ao resto do cole a participar. Preme na imaxe para ver o traballo realizado.

 

venres, 21 de marzo de 2025

SAÍDA LOCAL DE 3º ED. PRIMARIA

 

 

O  pasado 26 de Febreiro a rapazada de 3º de Educación Primaria fixo unha saída polo noso Concello , O Grove. Foi a mellor maneira de estudiar "o noso mundo" e "vivir en sociedade". Coñecer a nosa contorna axúdanos a desenvolvernos con maior independencia e autonomía, por iso foron visitar os distintos espazos representantivos do pobo: o centro médico, o pabellón vello, o centro sociocultural, o auditorio, a policía local e o Concello. Aproveitaron a saída para repasar conceptos como a localización de cada espazo, os traballadores de cada un e a función que desenvolven. A maiores, conscientes de que o noso entroido é moi representativo da sociedade meca aproveitaron para visitar a exposición na que se mostra a evolución desta festa na nosa localidade.

O mundo no que vivimos empeza por coñecer o maravilloso pobo no que vivimos e disfrutar e aprender dos seus costumes. 

Preme na imaxe para ver a galería de fotos.

venres, 14 de marzo de 2025

martes, 11 de marzo de 2025

ALBUM DE MANDADIÑOS DO MECO

 


Mentres o Equipo de TIC prepara o vídeo do Desfile do Entroido, os deixamos o album de fotos dos mandaiños do Meco. Preme na imaxe para ver algunhas das fotos que se fixeron durante esa semana.

venres, 7 de marzo de 2025

VISITA DA ESCRITORA ANDREA MACEIRAS


 O día 25 de Febreiro recibimos na nosa biblioteca á escritora Andrea Maceiras. O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria leu o seu libro "Alma de elefante" dentro do Plan Anual de lectura e tiveron a sorte de coñecela en persoa, facerlle unha chea de preguntas. A escritora animounos a averiguar cal é o alma de animal co que se identifica cada quen. Antes de marchar, asinoulles os libros.