Biblioteca do CEIP Valle-Inclán O Grove
Blog de recursos, actividades e proxectos coordinados ou coa colaboración da Biblioteca Escolar.
ROSALÍA DE CASTRO
- Páxina principal
- SAMAÍN
- MAGOSTO
- 20N INFANCIA
- 25 N VIOLENCIA XÉNERO
- PERSOAS CON DISCAPACIDADE
- CONSTITUCIÓN - E.A.GALICIA
- NADAL
- PAZ
- ENTROIDO
- DEREITOS DO CONSUMIDOR
- ROSALÍA DE CASTRO
- MULLER
- SEMANA DA PRENSA
- SAÚDE
- DÍA DO LIBRO
- EUROPA
- LETRAS GALEGAS
- MEDIO AMBIENTE
- LER EN FAMILIA
- OS NOSOS TRABALLOS
- XOGOS EDUCATIVOS
- FORMACIÓN DE USUARIOS
sábado, 28 de xuño de 2025
PRESENTACIÓN DO LIBRO DE SASHA RUANO
Este é Sasha Ruano, alumno de 5º de Educación Primaria. Presentou na biblioteca o seu primeiro libro titulado "La gran aventura de Nata" que fixo durante estes dous últimos cursos coa colaboración do seu irmán Denis que fixo as ilustracións e que tamén foi alumno do noso centro. O orientador Sergio animouno a escribilo cando descubriu o seu gusto e boa capacidade para a escritura. O Equipo de biblioteca ofreceulle a posibilidade de publicalo financiando os primeiros exemplares. Quedan na biblioteca e nas bibliotecas de aula do 3º ciclo a disposición de toda a comunidade educativa.
mércores, 18 de xuño de 2025
VISITAS Á PRAZA DE ABASTOS
Durante este mes o alumnado dende Educación Infantil ata 4º de Educación Primaria foron invitados polo Concello a visitar á Praza de Abastos. Alí coñeceron de primeira man os productos de calidade que temos e a facer un consumo responsable. Dependendo da idade realizaron diferentes traballos deseñados polos seus titores como por exemplo identificar os diferentes postos: carnicería, peixeiría, panadería... e coñecer os nomes dos productos que se venden. Os maiores foron máis alá e tiñan que facer unha compra ficticia para elaborar unha receita concreta.
Preme na imaxe para ver a galería de fotos.
PREMIADOS DO CONCURSO DO PASAPORTE LECTOR
Esta semana fixemos entrega dos premios aos gañadores do Concurso do Pasaporte Lector que realizamos ó longo de todo o curso. Preme na imaxe para ver os traballos premiados e os actos de entrega dos agasallos realizados na biblioteca entre o luns e hoxe. Ademais todos os nenos e nenas recibiron un chaveiro realizado polo alumnado voluntario do Programa de Biblioteca Creativa de 6º de Ed. Primaria co logo do proxecto deste ano.
mércores, 11 de xuño de 2025
CONCURSO DE PREGUNTAS NA BIBLIOTECA
mércores, 4 de xuño de 2025
CONTACONTOS POR UN DÍA
Durante o mes de Maio para celebrar o Día da Familia repetimos a actividade programada no Plan de Biblioteca "Contacontos por un día".
Invitamos a pais, nais, avós, avoas... a facer contacontos nas aulas dos seus fillos/as, netos/as...
Coma sempre, foron moitos os que acudiron á nosa proposta. Algúns escolleron contos emprestados da nosa biblioteca que lles preparamos en varios expositores e outros trouxeron contos da súa casa.
Grazas pola vosa implicación!
Preme na imaxe para ver as fotos.
COIDANDO O MEDIO AMBIENTE
Celebramos o Día do Medio Ambiente cunha saída organizada polo Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias á Illa de A Toxa. Todo o alumnado de Educación Primaria saíu do colexio ás 11:00 h dirección ás praias e zonas verdes da illa para facer limpeza do lixo. O primeiro que fixeron despois da camiñata foi repoñer enerxía tomando as merendas do tempo de lecer, logo repartidos por diferentes zonas da illa, realizouse a limpeza da praia e da zona do pinar e por último houbo tempo para xogo libre e xogos organizados.
Preme na imaxe para ver a galería de fotos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)