luns, 15 de febreiro de 2016

21 Febreiro: Día internacional da lingua materna

Día Internacional da Lingua Materna celébrase anualmente o 21 de febreiro para promover a consciencia sobre a diversidade lingüística e cultural e sobre o plurilingüismo do planeta. Foi establecido pola UNESCO o 17 de novembro de 1999. A súa celebración tamén foi recoñecida formalmente pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na resolución que establecía 2008 como Ano Internacional das Linguas.
O Día Internacional da Lingua Materna ten a súa orixe no recoñecemento internacional do Día do Movemento pola Lingua, que se conmemora en Bangladesh desde 1952, cando varios estudantes da Universidade de Dacca morreron a mans da policía paquistaní durante as protestas do Movemento pola Lingua Bengalí.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro propón unha orixinal e divertida actividade para celebrar este día. Non dubides en visitar o seu blog e investigar que acontecerá polos corredores do colexio durante toda esta semana. Participa nesta nova aventura!

Para máis información sobre esta celebración podedes visitar o noso taboleiro en Pinterest.

Ningún comentario:

Publicar un comentario