domingo, 25 de setembro de 2016

CINEMA EN O GROVE


Dende o Concello de O Grove chega ao cole esta película para os máis pequenos que xa está no expositor de novidades da biblioteca.

AGADIC (Asociación Galega de Industrias Culturais)  comezou unha iniciativa chamada "Cinemas de Galicia"co fin de facer do cine unha actividade cultural habitual nas rutinas de ocio das novas xeracións.  Preme na imaxe para ver a súa programación.

A primeira película será "9 ondas" e podédela ver o día 2 de Outubro ás 19 h. na Carpa Multiusos da Praza do Corgo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario