venres, 21 de outubro de 2016

SAMAÍN E XORNADA DE PORTAS ABERTAS


   

Para celebrar o Samaín temos programadas as seguintes actividades:

1. Exposición de cabazas do agro. Este ano o noso proxecto titúlase “Mans de terra”, por iso vos convidamos a participar na exposición de cabazas decoradas con produtos da terra (millo, noces, castañas, cenorias…) ou disfrazalas das profesións do sector agrícola.
As familias que queiran participar traerán as cabazas os días 24, 25 ou 26 de Outubro e a exposición estará aberta durante esa semana de 9.40 a 9.55 h.  O venres, día 28, os nenos levarán a súa cabaza de volta á casa.
Nestes enlaces podedes atopar ideas para decorar as cabazas:


2. Xornada de portas abertas na biblioteca.
O día 27 de Outubro, con motivo do día das bibliotecas, invitámosvos a asistir a unha xornada de portas abertas na biblioteca do centro. Esta xornada terá lugar ás 17 horas e haberá as seguintes actividades:
- Concurso de postres terroríficos con produtos do outono (noces, castañas, figos, millo, cabaza, setas…) As familias que queiran participar traerán o seu postre cun título.
-Actuacións do alumnado: Canción do Outono e Contacontos “ A castaña que rebentou coa risa”
-Presentación do proxecto “Mans de Terra” e do nome gañador para a mascota.
-Degustación dos postres e votación dos asistentes.
-Entrega de premios do concurso.

Nestes enlaces podedes atopar ideas para o concurso de postres:
http://trucosyastucias.com/decorar-reciclando/decoracion-halloween-casera

E non esquezades que no blog do equipo de Dinaminazión da Lingua Galega atoparedes un montón de recursos e o boletín mensual coas actividades. Tamén podedes consultar o noso taboleiro de Samaín en Pinterest.

ANIMAROS A PARTICIPAR E DESFRUTAR DESTA XORNADA.
ESPERÁMOSVOS!


Ningún comentario:

Publicar un comentario