E por fin, despois de ter que aplazar en varias ocasións a data prevista, hoxe tivemos a primeira sesión de formación de usuarios co alumnado de 4 anos. Varios voluntarios de 6º de Primaria baixaron á clase de 5º de Infantil para ensinarlles a facer os marcalibros con material de refugallo. Sorprendeunos o ben que despegan e pegan as pegatinas para decorar os seus marcalibros. Na vindeira sesión faremos uso deles na biblioteca.
Preme aquí |
Ningún comentario:
Publicar un comentario