O Equipo de biblioteca creu un novo taboleiro de recursos educativos en Pinterest sobre o autor á que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas:
Ricardo Carvalho Calero. Podedes acceder dende a súa pestana ou premendo na súa fotografía. Atoparedes lecturas en liña dalgúns contos, xogos, propostas de actividades e contidos informativos da súa vida.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega presentou os traballos feitos por algúns dos alumn@s do noso centro polo Día das Letras Galegas na
súa sección no blog de tarefas pola cuarentena.
Pola súa parte, o alumnado de Educación Infantil, envía de forma diaria os seus traballos ás súas mestras. Polas Letras Galegas fixeron debuxos do conto, enviaron vídeos feitos na casa e incluso inventaron finais diferentes do conto
As pitas baixo a choiva. Todos os traballos os publicaron no seu blog
Aprendemos Sorrindo Infantil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario