Na mañá do mércores tivemos a formación de radio co alumnado de 5º de Educación Primaria. Nesta ocasión e debido a situación da pandemia, fixemos a formación de forma telemática por videoconferencia con Luis Pardo.
Aínda que tivemos problemas coa conexión (non puidemos velo e ás veces se entrecortaba o son) as actividades de aprendizaxe foron entretidas e produtivas para o noso alumnado que tivo que imaxinarse (como na radio) o seu rostro ao outro lado da pantalla.
Falaron das emisoras e os programas de radio que coñecían, da importancia da radio nalgunhas situacións da vida, repasaron os elementos da radio... Practicaron tamén a entoación a través de diferentes lecturas, fixeron presentacións de cancións como nos programas musicais, radiaron xogadas de fútbol, escoitaron efectos sonoros e como empregar o teléfono mobil para facer entrevistas con notas de voz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario