O pasado venres celebramos no cole a festa do Magosto. O director e mais o secretario asaron as castañas que todas as familias trouxeron para os seus fillos e fillas. Despois da elaboración dos recipientes, cucuruchos, cestas de papel...todos os cursos degustaron as deliciosas castañas.
Ao remate comezaron os xogos populares e tradicionais organizados polo Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias. O alumnado de 6º de Educación Primaria foi o encargado de dirixir os xogos e ensinarlles ao resto dos cursos as normas dos xogos.
Pronto comezou a chover e tivemos que cambiar algúns xogos para seguir no interior do colexio. Aínda así, foi un día divertido no que ensinamos e recordamos as tradicións e costumes do noso pobo.
Preme na imaxe para ver as fotos.
Todo sobre o Magosto aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario