Se facemos repaso das mascotas que representaron a nosa biblioteca debemos mencionar primeiro a nosa querida tartaruga feita de madeira polo alumnado do último curso.
Con motivo da celebración do Día das Artes Galegas, convocamos ás familias para deseñar unha nova mascota que represente a nosa biblioteca e facelas partícipes do noso Proxecto Somos Artistas.
As obras realizadas terán os seguintes requisitos:
- Entregarase unha soa obra realizada en familia.
- Terá un nome escollido pola propia familia e que estea relacionado coa biblioteca.
- Poderá ser un debuxo, un boneco/a o unha maqueta feita cos materiais que escollades: madeira, cartón, teas...
- Será orixinal. Non serán válidos debuxos ou personaxes xa existentes.
- Prazo de entrega: mércores, 30 de Abril de 2025.
Un membro da familia participante poderá entregar a obra artística ao seu titor ou titora, quen a súa vez o entregará á coordinadora do Equipo de Biblioteca. Todas as obras presentadas serán expostas nos corredores do centro.
Os Equipos de traballo de TICS e de Biblioteca elexirán a mascota gañadora e o comunicarán por diferentes medios: AbalarMobil e neste Blog de biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario