O martes 21 de outubro de 16:30 a 18:00 h. celebraremos a nosa tradicional Xornada de Portas Abertas coincidindo coa semana do Día das bibliotecas escolares. Presentaremos o novo Proxecto Documental Integrado deste curso 2025-2026 : Voces de Ardia
Todas as familias estades invitadas a participar. Precisamos que fagades a inscrición previa para poder organizar o evento con tempo así que enviamos esta semana a través dos nenos e as nenas unha circular coa ficha de inscrición.
Tedes ata o venres día 17 de outubro para entregala aos titores/as dos vosos fillos, unha por familia.
Animádevos a participar, será unha xornada moi divertida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario