xoves, 5 de maio de 2022

ESTREANDO OS NOVOS RECURSOS TECNOLÓXICOS

 


O alumnado xa ten a súa disposición 5 novos dispositivos móbiles na biblioteca (ipads- Apple) grazas a partida económica do PLAN LIA. Están sendo utilizados por moitos alumnos de diferentes cursos e para diferentes usos. Neste caso, os de 5º B descargaron a aplicación Teleprompter como axuda ao Recital Poético que están gravando nas clases de Lingua Castelá. 

ESCENA 3 QUEN QUERE AO LOBO FEROZ?

 


Os voluntari@s do club de teatro gravan, editan e publican a escena 3 da obra "Quen quere ao Lobo Feroz?"


mércores, 4 de maio de 2022

SESIÓNS DE DESEÑO 3D

 

O alumnado de 5º de Educación Primaria continúa a súa formación en Deseño 3D nos tempos de lecer. O número de voluntarios segue manténdose e practicamente todo o alumnado do mesmo grupo está a asistir a estas sesións. 

O grupo B, na terceira sesión estivo construíndo co "Tinkercad" as regletas que nos pediron as mestras de Educación Infantil.  A fase de deseño está lista, agora so queda que a impresora faga o seu traballo.

O grupo A, aprendeu a diseñar un vaso coas formas xeométricas básicas que proporciona o programa Tinkercad, e a verdade é que o entenderon enseguida.

CHARLA SOBRE AS HERBAS DE SAN XOÁN

Na semana do Día do Libro o alumnado de 3º Ed. Primaria recibiu a visita da autora da guía "As herbas de San Xoán" Silvia Domínguez Torrado. Ela ensinoulles as diferentes herbas e despois preparounas para que lavar a cara, seguindo a tradición de San Xoán. Foi moi interesante coñecer as herbas e algúns datos curiosos sobre elas. Todos disfrutaron moito coa súa visita. Darlle as gracias a Daniela, editora de Patas de peixe, nai e membro da Anpa do noso cole por colaborar na organización desta charla.

Galería de fotos



NA PROCURA DOS OVOS DE PASCUA

 





O 8 de Abril todo o cole participou nunha nova actividade organizada dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega para rematar o 2º trimestre. Ao longo da mañá e por quendas os diferentes niveis educativos estiveron buscando os ovos de chocolate que os mestres agocharon en diferentes recunchos dos corredores do centro. Seguindo as pistas dos mapas todos os grupos atoparon os seus ovos de chocolate.

luns, 2 de maio de 2022

RECURSOS DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

 O equipo de biblioteca preparou un novo expositor con libros e contos que están relacionados coas distintas formas de acoso escolar e como previlas, afrontalas e superalas. Tédeo a vosa disposición na sala de mestres ata que podamos abrir a biblioteca. 



EPISODIO 9 QUEN O ESCRIBIU?

 


Compartimos un novo episodio do programa de radio Quen o escribiu?. Desta vez foi a quenda do alumnado de 1º de Educación Primaria. Escoitade o audio premendo na imaxe e veredes o ben que o fixeron!