Previo á celebración do Entroido o alumnado de 4º de Educación Infantil tivo a visita de Paula, a nai de Mía que impartiu un obradoiro de máscaras e fixo un contacontos na aula da súa filla. Grazas familias, pola vosa colaboración!
O alumnado aprendeu a cantar e a interpretar con signos a canción de Extremo Duro titulada "Ama, ama y ensancha el alma" nas clases de Música e Educación Física. O 30 de Xaneiro interpretaron a canción diante do mural feito por todos e todas polo Día da non violencia e a paz organizado polo Equipo de Tics.
Galería de fotos
Preme na imaxe para ver a elaboración do mural e o seu resultado final