venres, 30 de abril de 2021

AUDIOLIBRO MI PRIMER QUIJOTE (3º PRIMARIA)

 

 
O alumnado de 3º de Primaria realizou na radio un audiolibro: "Mi primer Quijote" de Ramón García Domínguez (Editorial Anaya) con motivo do Día do Libro. 

Preme no seguinte enlace para escoitalo:

https://www.ivoox.com/mi-primer-quijote-audios-mp3_rf_69359152_1.html




ÚLTIMAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS POLO DÍA DO LIBRO

 

Rematando o mes de Abril, o mes dos libros, gravamos os últimos episodios de recomendacións lectoras dos alumnos e alumnas de 5ºB de Educación Primaria. Esperamos que algunha destas recomendacións os animen a buscar e ler estes libros.

https://www.ivoox.com/recomendaciones-valeria-sofia-audios-mp3_rf_69351246_1.html

https://www.ivoox.com/recomendaciones-antia-oiiver-audios-mp3_rf_69359519_1.html

xoves, 29 de abril de 2021

EMPEZANDO A IMPRIMIR 3D

 O alumnado de 6º B xa vai pola segunda sesión de formación en impresión 3D. Nesta ocasión aprenderon a traballar co programa SELVA para transformar unha imaxe 2D a 3D. Conseguiron pasar o debuxo do logo do PDI Ardia 2020 a unha imaxe en 3D e insertala no deseño dunha medalla co programa que xa coñecían da anterior sesión (Tinkercad). 

Agora temos a impresora traballando sen parar e facendo as medallas para a nosa cerimonia de clausura dos nosos Xogos Olímpicos Ardia 2021. 

Logo farán a última sesión: o post-procesado no que haberá que quitar imperfeccións e pintar as medallas.




mércores, 28 de abril de 2021

ILUSTRANDO E CANTANDO A ROSALÍA DE CASTRO

 Toda actividade colaborativa require de moito tempo, esforzo e traballo. Aquí vos deixamos o vídeo que elaborou o Equipo de Dinamización da Lingua Galega cun poema ilustrado e cantado polo noso alumnado coa dirección da mestra de música Raquel: "Alborada" de Rosalía de Castro.



martes, 27 de abril de 2021

BIOGRAFÍAS DE PERSOAS IMPORTANTES DE NORUEGA (6ºB)

 


Alumnado de 6º B investigaron diferentes persoas importantes de Noruega, país que representan no Proxecto Documental Ardia 2021 e despois prepararon diferentes programas para gravar na radio. Preme no enlace para escoitar a Selena, Aitor e Xavi falando dos seus traballos sobre Óscar I, Ivar Giaever e Edvard Grieg. 

Enlace ao Programa Ardia 2020-2021:

https://www.ivoox.com/biografias-persoas-importantes-noruega-1-parte-audios-mp3_rf_69165910_1.html

luns, 26 de abril de 2021

MARCAPÁXINAS CREATIVAS





 Outra das actividades que se realizaron durante a semana pasada foi a elaboración de marcapáxinas polo Día do Libro. Aquí vos deixamos algunhas mostras da creatividade do noso alumnado de 6º A.


venres, 23 de abril de 2021

INFANTIL NA RADIO

 Con motivo da Semana do Día do libro, o alumnado de 4º de Educación Infantil gravou na radio un audiolibro, o favorito da clase, titulado ¿Le pondremos un bigote? da autora Mar Benegas, Editorial Combel.

Lía, Roi, Isaías e María falan do libro e  recitan con moita alegría as súas palabras. Podédelos escoitar na nosa canle de RADIO V.I. , no programa AUDIOLIBROS.

https://www.ivoox.com/le-pondremos-bigote-audios-mp3_rf_69020868_1.html