Bo día familias:
O Equipo de biblioteca anima a tod@s a participar e compartir tempos divertidos e seguir en contacto nestes días a través do blog de tarefas e os diferentes blogs do cole.
O día 21 de Marzo foi o Día Mundial da Poesía e temos varias propostas que facervos.
Os que queirades podedes mandar un poema inventado, un audio ou un vídeo onde recitedes algún poema sexa inventado ou non.
Para facer o vídeo podedes difrazarvos ou ambientar o espazo onde gravades.
Recursos en rede:
Publicaremos neste blog o que nos enviedes ao seguinte correo:
biblio@vinclan.com
Aquí vos deixamos o enlace a un poema que recitaron os alumnos e alumnas de 2º de Ed. Primaria do curso pasado que agora están xa en 3º e é que perfecto para este días de inicio da Primavera.
Para escoitar máis podedes entrar en RADIO VI. (Nos programas POESÍA e Audiolibros VI atoparedes máis audios de poesía)
Ningún comentario:
Publicar un comentario