Outra das actividades que organizamos no cole polo Día do libro, foi unha videoconferencia coa Editorial Patas de peixe. Daniela, que leva a parte administrativa da empresa e nai de dous alumnos do centro, ofreceunos a posibilidade de facer esta videoconferencia e presentounos a Laura Saez, a súa compañeira de traballo e que se encarga da parte creativa.
Nesta videoconferencia, Laura falounos dos inicios da Editorial Patas de Peixe, como funciona e cantas persoas se precisan para chegar a editar un libro. Daniela, pola súa parte, falounos da súa función administrativa e publicitaria e que a pesares de que internet é unha ferramenta máis para vender libros, defende e xustifica a necesidade de acudir as librerías locais para poder ver, tocar e sentir os libros. Moitas grazas a Laura e Daniela pola súa colaboración. A sesión foi todo un éxito!
Ningún comentario:
Publicar un comentario