xoves, 6 de maio de 2021

XEOGRAFÍAS LECTORAS POR EUROPA

O Equipo de Biblioteca preparou un mural para conmemorar o Día de Europa (9 de Maio) na entrada do cole de 1º e 2º de Educación Primaria sobre Contos Europeos. Estes cursos fixeron debuxos dos personaxes dos contos coa profe Alba na clase de Plástica e os atoparás neste mural.

 Sabedes o título e o autor destes contos? Podedes contestar en "comentarios".


Preme na imaxe para ampliar a foto



Se non sabedes as respostas podedes indagar no seguinte Genially premendo na imaxe do mapa:



Para saber máis sobre esta conmemoración, visita a nosa pestana EUROPA.

5 comentarios:

  1. A clase de 6ºA adiviñou o título de todas as publicacións e varios dos seus autores. Aqueles autores que non foron quen de dicir como: Astrid Lindgren ou Rodari, foron logo recordados consultando o genially.

    ResponderEliminar
  2. Na clase de terceiro adiviñamos todos os contos menos o de Italia. E os autores sabemos o de España e o de Dinamarca.

    ResponderEliminar
  3. O alumnado de 5º A coñecía todos os títulos, pero non todos os autores.

    Investigámolo e agora xa os saben.
    Gustoulles moito.

    ResponderEliminar