Nestes últimos días pasaron pola biblioteca unha chea de nenos e nenas, uns para actuar e outros para desfrutar dos traballos dos outros grupos.
OBRA DE TEATRO DO ALUMNADO DE 5º PRIMARIA
O alumnado de 5º de Ed. Primaria fixo unha pequena representación teatral sobre o uso excesivo das pantallas, no que eles crearon o guión e os decorados.
REPRESENTACIÓN TEATRAL DE 6º PRIMARIA
E CANCIÓN EN LINGUA INGLESA DE 5º PRIMARIA.
O alumnado de 6º representou unha obra de teatro sobre os medios de comunicación como tarefa final del área de lingua inglesa integrada no PDI Voces de Ardia. Para rematar a actuación o alumnado de 5º acompañou aos de 6º na representación da canción e coreografía de Radio Gaga de Queen.

Ningún comentario:
Publicar un comentario