Amosando publicacións coa etiqueta Aprender xogando. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aprender xogando. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de marzo de 2026

Xogos tradicionais da Festa da Pascua en Lingua Inglesa

 

A mestra de Lingua Inglesa organizou esta semana co alumnado do 2º ciclo de Educación Primaria uns xogos no patio de búsqueda de ovos de Pascua. Cada equipo tiña que atopar os ovos do súa cor e seguindo unha orde anotar as pistas que lían dentro dos ovos.

 Xogaron tamén a carreira da culler co ovo para gañar letras para formar palabras en inglés do vocabulario estudado neste 2º trimestre.

Preme na imaxe para ver a galería de fotos.

 

mércores, 18 de marzo de 2026

PEPA e MARTIÑO, "OS CORVOS MARIÑOS" en EDUCACIÓN INFANTIL

 


 
 
O alumnado de Educación Infantil tivo a sorte de recibir na nosa biblioteca a uns expertos do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Viñeron a falarlles das paisaxes das illas, da vida mariña e terrestre e das especies de cada unha delas e por suposto do Cormorán moñudo ("corvo mariño") especie en perigo.

Realizaron diversas dinámicas participativas: 

  • Os amigos de Pepa e Martiño: xogo sobre as especies que habitan nas illas.
  • Ónde viven Pepa e Martiño?: mostráronlles as paisaxes das illas.
  • A vida de Pepa e Martiño: contacontos sobre a vida dun cormorán.