Amosando publicacións coa etiqueta PLAMBE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PLAMBE. Amosar todas as publicacións

mércores, 28 de xaneiro de 2026

PREMIO AO NOSO PDI SOMOS ARTISTAS

 

O noso Proxecto Documental Integrado "Somos artistas" levado a cabo durante o curso pasado foi un dos 16 centros seleccionados e premiados no Concurso de traballo por proxectos  que convoca todos os anos a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia. Podedes ver a súa publicación tanto no Portal Educativo da Xunta como no blog da Asesoría. Moitas grazas a todos e todas os que participáchedes na súa elaboración.  O premio económico de 2000 euros será destinado para libros e material de tipo informativo para seguir traballando e investigando na nosa biblioteca. 


sábado, 24 de xaneiro de 2026

CONVIDADOS Á XORNADA DE RADIO NA BIBLIO EN SANTIAGO

 


O noso centro foi convidado á xornada de Radio na biblio que se celebrou o 18 de Decembro na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Como tiñamos que escoller un grupo de 20 alumnos/as, o equipo de Biblioteca decidiu premiar ao alumnado voluntario que colabora e participa nas actividades da nosa biblioteca, así levamos aos voluntarios que axudan nos tempos de lecer e aos membros do club de lectura e aos do equipo de Biblioteca Creativa  dos cursos de 5º e 6º de Educación Primaria.

Dentro da programación de actividades da xornada, o alumnado puido presenciar a gravación en directo de varios programas de radio onde diferentes colexios entrevistaron a famosos periodistas, presentadores e figuras importantes como o Conselleiro de Educación e a nosa olímpica Teresa Portela. Tamén presenciaron a actuación dun malabarista entre un programa e outro. Tras repoñer enerxías cunha merenda saudable fixeron un obradoiro de radio no que eles foron os protagonistas.

Preme na imaxe para ver a galería de fotos.




venres, 14 de xuño de 2024

LEO E PEDALEO NA BIBLIOTECA

"De mente e corpo en forma estarás, se ves a ler e a pedalear"


Coa partida económica para o novo equipamento da Biblioteca do Plan de Melloras de Bibliotecas Escolares ao que pertencemos dende o curso 16-17 mercamos pedais e bicicletas estáticas que só funcionan cando estamos a ler. Un éxito para os tempos de lecer e as sesións de biblio que algúns xa tiveron a sorte de disfrutar nestes últimos días do curso e que esperamos que se convirta nun hábito máis dos moitos hábitos saudables que fomentamos no noso centro educativo.

xoves, 30 de marzo de 2023

EXPOÑEMOS EN SANTIAGO!

 


O venres 31 de Marzo expoñemos para @s coordinadores doutras bibliotecas de Galicia no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. A presentación mostrará a evolución metodolóxica e a transformación física da nosa biblioteca nos últimos anos, porque xa somos un Centro LIA (Lectura, Información e Aprendizaxe). 
Preme na imaxe para ver o programa do evento.

luns, 24 de outubro de 2022

ÉXITO TOTAL NA INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

No CEIP Valle-Inclán celebramos o Día das bibliotecas o xoves pasado para non coincidir esta celebración coas actuacións de Samaín.

O día 20 de Outubro abrimos as portas do colexio á Comunidade Educativa para facer a inauguración da ampliación da biblioteca que levamos a cabo o curso pasado ao seren seleccionados pola Asesoría de Bibliotecas de Galicia para formar parte dos Centros LIA.3

Ás 17 h comezaron a chegar as primeiras familias e aproveitamos para facer fotocol de todas elas a medida que ían chegando.

Logo o director mais a coordinadora da biblioteca fixeron unha pequena presentación dos novos espazos e do proxecto documental deste curso: ALUCINE.  Animaron ás familias a participar na xincana que organizara o Equipo de biblioteca en colaboración coa totalidade dos mestres.

1. Zona de escenario: Xogo de mímica. 

2. Zona dos contos: Xogo de busca de libros.

3. Zona dos xogos creativos: Construír con Kapla.

4. Zona do Croma: Actuacións en función do fondo elexido.

5. Cine: Visionado da película da transformación da biblioteca.

6. Robótica: Xogos cos escornabots e o Beebot.

7. Zona de investigación: Xogo de busca de información.

8. Estudio de radio: Entrevistas de fillos/as aos familiares.

Cada familia levaba un pasaporte coas 8 zonas polas que podían pasar a facer os diferentes retos. Por cada zona superada se lles poñía unha pegatina no pasaporte.

Finalmente reunímonos de novo na sala dos libros de ficción para facer un sorteo de agallasos entre todas as inscricións recibidas e despedirnos animando ás familias a facer uso dos novos recursos nas tardes dos luns, mércores e xoves de 16h. a 18h. 

A participación activa das familias fixo que fora un día especial e inesquecible. Grazas a todos por vir e implicarvos nas nosas propostas.

Deixamos aquí un video resumo do que foi esta celebración e un enlace á galería de fotos.


Preme na imaxe para ver o vídeo resumo

Preme na imaxe para ver a Galería de fotos


sábado, 11 de xuño de 2022

APERTURA DA BIBLIOTECA NO TEMPO DE LECER E FORMACIÓN DE USUARIOS

 


Coas obras de ampliación e mellora case rematadas abrimos de novo a biblioteca no tempo de lecer para ensinarlles aos nenos e nenas as novas zonas e a oferta de servicios da biblioteca reformada. 
Os axudantes de 6º de Ed. Primaria foron os encargados de dar as primeiras instruccións ao alumnado de 1º, 2º e 3º que acudiron á biblioteca e supervisar o bo uso das instalacións ofrecendo axuda aos usuarios.

venres, 22 de abril de 2022

BIBLIOTECA EN OBRAS

 

Levamos dende principio de curso con obras no cole para mellorar os diferentes espazos da nosa biblioteca, que este ano, ao entrar no PLAN LIA.3 está  transformándose a pasos de xigante. Aproveitamos as vacacións de Semana Santa para pintar o espazo que será destinado aos libros de ficción e as actividades de Animación á lectura, polo que permanecerá pechada ata novo aviso. Os préstamos seguirán facéndose nas aulas co aplicación de xestión KOHA.

martes, 8 de xuño de 2021

MELLORAS NO MOBILIARIO E EQUIPAMENTO

Grazas á partida económica destinada ao mobiliario e equipamento que recibimos neste curso por formar parte do PLAMBE mercamos expositores con maior capacidade, estanterías fixas e mobles con rodas para poder colocar unha chea de libros novos que xa non tiñamos espazo para eles. Tamén se mercou unha pizarra branca máis grande para o proxector, revisteiros para cómics e revistas que faciliten a súa visibilidade e acceso aos usuarios e uns atrils para o estudo de radio para a colocación das escaletas, guións, libros ou tablets que utilizan os nosos locutores.

Os axudantes de biblioteca de 6º xa comezaron a colocar os libros, pero aínda queda moito por facer...

Preme na imaxe para ver o novo mobiliario