Durante este mes o alumnado dende Educación Infantil ata 4º de Educación Primaria foron invitados polo Concello a visitar á Praza de Abastos. Alí coñeceron de primeira man os productos de calidade que temos e a facer un consumo responsable. Dependendo da idade realizaron diferentes traballos deseñados polos seus titores como por exemplo identificar os diferentes postos: carnicería, peixeiría, panadería... e coñecer os nomes dos productos que se venden. Os maiores foron máis alá e tiñan que facer unha compra ficticia para elaborar unha receita concreta.
Preme na imaxe para ver a galería de fotos.