mércores, 4 de xuño de 2025

COIDANDO O MEDIO AMBIENTE

 


Celebramos o Día do Medio Ambiente cunha saída organizada polo Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias á Illa de A Toxa. Todo o alumnado de Educación Primaria saíu do colexio ás 11:00 h dirección ás praias e zonas verdes da illa para facer limpeza do lixo. O primeiro que fixeron despois da camiñata foi repoñer enerxía tomando as merendas do tempo de lecer, logo repartidos por diferentes zonas da illa, realizouse a limpeza da praia e da zona do pinar e por último houbo tempo para xogo libre e xogos organizados.
Preme na imaxe para ver a galería de fotos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario