Durante o mes de Maio para celebrar o Día da Familia repetimos a actividade programada no Plan de Biblioteca "Contacontos por un día".
Invitamos a pais, nais, avós, avoas... a facer contacontos nas aulas dos seus fillos/as, netos/as...
Coma sempre, foron moitos os que acudiron á nosa proposta. Algúns escolleron contos emprestados da nosa biblioteca que lles preparamos en varios expositores e outros trouxeron contos da súa casa.
Grazas pola vosa implicación!
Preme na imaxe para ver as fotos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario