Este é Sasha Ruano, alumno de 5º de Educación Primaria. Presentou na biblioteca o seu primeiro libro titulado "La gran aventura de Nata" que fixo durante estes dous últimos cursos coa colaboración do seu irmán Denis que fixo as ilustracións e que tamén foi alumno do noso centro. O orientador Sergio animouno a escribilo cando descubriu o seu gusto e boa capacidade para a escritura. O Equipo de biblioteca ofreceulle a posibilidade de publicalo financiando os primeiros exemplares. Quedan na biblioteca e nas bibliotecas de aula do 3º ciclo a disposición de toda a comunidade educativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario