xoves, 12 de abril de 2018

CADA CUADRO CON SU CUENTO

Unha vez mais visitáronos as responsables da Biblioteca Municipal de O Grove. Nesta ocasión para facer un obradoiro moi especial co alumnado de 5º de Educación Primaria:
"Cada cuadro con su cuento" de Juan Ramón Brotons foi o libro punto de partida desta actividade na que o alumnado traballou cun libro informativo sobre o arte e a partir del comenzaron a crear as súas propias historias baseadas nas obras de arte que aparecen nel. 
Foi unha actividade diferente e divertida. O alumnado aprendeu moitísimo sobre as obras de arte e ademáis deron renda a súa imaxinación creando contos e historias que non deixaron de sorprendernos.

Preme na imaxe para ver a galería de fotos

Ningún comentario:

Publicar un comentario