luns, 23 de abril de 2018

LECTURAS COMPARTIDAS CO IES AS BIZOCAS

Hoxe, Día do Libro, realizamos unha actividade intercentros. O alumnado do clube de lectura e voluntarios de 4º da ESO do IES As Bizocas, moitos deles, ex-alumn@s do noso cole, viñeron a celebrar o Día do Libro co alumnado de 6º de Educación Primaria.
Primeiro xuntámonos todos na biblioteca e despois de explicarlles a actividade das lecturas compartidas, fixemos o sorteo das parellas. O alumnado de 6º foi collendo un papeliño co nome dun alumno/a do IES. Cada parella saíu ao patio para comentar e compartir as súas lecturas favoritas. Despois xuntáronse varias parellas, ata facer grupos mais grandes.
Por último, todos pasaron por un "Fotocol" feito polos alumnos do instituto. Foi moi divertido porque trouxeron disfraces, sombreiros, gafas... para facer as fotos.

Grazas pola visita, esperamos veros o vindeiro ano.
















Ningún comentario:

Publicar un comentario